Inicio / Blog / Blog / Asamblea Xeral o 13 de decembro
Compartir:

Asamblea Xeral o 13 de decembro

Estimadas amigas e amigos,Coa presente queremos informarvos da asamblea xeral de socios da Asociación Aloumiños que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de decembro na segunda planta do Pazo da Cultura de Carballo ás 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda.

ORDE DO DÍA:

1. Balance das actividades realizadas

2. Información sobre locais e colaboracións con entidades

3. Presentación das actividades previstas para os vindeiros meses

4. Cambios na Xunta Directiva

5. Rogos e preguntas.

Este acto está aberto a todas as persoas interesadas en saber o que estamos a facer ou que teñan algo que aportar.